Este blogue está dedicado a nós, todos os nenos e nenas do Primeiro Ciclo do CEIP Plurilingüe Antonio Palacios para que poidamos
compartir coas compañeiras, compañeiros, profesorado e familias todo o que facemos na clase.

lunes, 25 de febrero de 2013

24 febreiro:Día de Rosalía de Castro


         "Cantares Gallegos"
         Lía 2ºA

              "Cantares Gallegos
          Eva 2ºB

miércoles, 13 de febrero de 2013

1º Ciclo. Celebración do Entroido.

A celebración non podía ser tan divertida nin o disfraz tan chuli se non traballaramos tanto na casa e no cole. Aquí podemos ver todo o que aprendimos neste Entroido. Dende o principio ata o final!!!

martes, 5 de febrero de 2013

1º B. Debuxos animados.

Despois de facer as fichas do día descansamos un pouco vendo debuxos animados. Son divertidísimos e logo duns intres temos outra vez ganas de traballar!

sábado, 2 de febrero de 2013

O ARCO DA VELLA

Que semana máis intensa e aínda non rematamos, queda acabar os disfraces e moito máis ata  o venres e...a celebrar o Entroido!!

Comezamos a viaxe con Luchito, un neno aventureiro que anda á busca da luz do Arco da vella, na cal logra entrar e adquire poderes extraordinarios...






A poesía...






O ARCO DA VELLA

Arco da vella
vaite de aí
que as nenas bonitas
non son para ti.

Fuxe chuvia, 
fuxe sol,
fuxe roda de color,
que a neniña quere brincar 
coas areas do areal.



Vaite néboa,
vaite vento, 
vaite cara de mal tempo,
que a neniña quere correr
polas areas do ler.


¡Ai, miña neniña, nena,
non se vai o arco da vella!

X.M. Álvarez Blázquez




A música...

                          Magín Blanco "Arco da vella"




                      Rainbow Song "I Can Sing A Rainbow" 





Ok GO GO GO!!! Primary Colors

A plástica...







A tradición...


LIM de Julia González

O libro

Todas as cores están na natureza: verde mazá, amarelo limón, azul ceo...Neste libro, cheo de fotografías, descubrimos unha chea de matices e observamos fotos marabillosas!!